xoves, 15 de febreiro de 2018

UNS PEQUES DE CONTO NO ENTROIDO 2018

Chegou o entroido e o cole encheuse de personaxes de contos. Antes do desfile estivemos vendo todas as personaxes que chegaron á clase de 3 anos e contando os seus contos: encántannos as historias!!!


Había dúas preciosas Brancaneves


Tamén estaban Campanilla e Alicia.


O lobo de carapuchiña estaba moi ben rodeado!


3 carapuchiñas para un simpático lobiño


2 leóns protagonistas de moitos contos e fábulas.


A nosa querida Cebra Camila e o Oso pequeno do conto de Riciños de ouro. 



O monstro de cores visitounos vestido de vermello, a cor da rabia... acompañado dun pirata que puxo cara de pirata malo para a foto!



Todos e todas guapísimos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario