sábado, 30 de decembro de 2017

NADAL NA CLASE DE 3 ANOS

O nadal está cheo de luces, de cores, de purpurina... de mooooita purpurina! E os máis peques do cole pasámolo pipa facendo obradoiros de nadal.


Coa árbore de fieltro xogamos a decorala todas as veces que quixemos... practicando para decorar a árbore de casa.  



E tamén aproveitamos para facer unha sesión de fotos. 



Somos uns súper decoradores!


Tamén preparamos uns adornos para a porta de clase que despois levamos para casa. 



Reciclamos cds, e cada un decorou o seu como quixo. 



Mirade que estrelas taaaan fermosas!!!




E a porta quedou chulísima!



Tamén pintamos unha árbore co profe Jorge... encántanos pintar on pincel!!!



E seguimos reciclando, esta vez as caixas dos ovos. Adiviñades quenes son as estrelas da árbore??? 



BO NADAL A TODOS!

xoves, 28 de decembro de 2017

FROITOS DO OUTONO

Na clase de 4 anos tamén xogamos coas froitas do outono e ademáis de pasalo fenomenal aprendemos moito!!!
Mirade que cousas tan divertidas facemos:

PROXECTO CARACOIS VIII

    Xa rematamos o noso proxecto dos caracois onde aprendimos moitas cousas e moi interesantes. Aqui vos deixo o producto final desta investigación e ata a próxima con moitas ganas!!!!

mércores, 27 de decembro de 2017

FELIZ ANIVERSARIO VALERIA E SAÚL

    Valeria e Saúl celebraron xuntos o seu aniversario, decoraron a súas coroas para compartir a celebración dun día tan especial para eles.              Este é o  último aniversario que tivemos neste trimestre. Xa tódolos nenos e nenas teñen 5 anos.



            Moitas felicidades Valeria e Saúl ......¡¡¡

FELIZ ANIVERSARIO ANDRÉS

      Andrés xa ten 5 anos, con axuda dos seus compis decorou a súa coroa e soplou as 5 velas nunha tarta moi especial.Todos desexamos que tiveras un día moi feliz e moitos regalos.




                       PARABENS  ANDRES....!!!

         

domingo, 24 de decembro de 2017

0S FROITOS DO OUTONO

     Como tódolos anos o chegar o outono, temos unha degustación dos froitos mais típicos desta estación chea de cores. Aqui estamos os nenos e nenas de 5 anos, preparando algunhas das froitas que trouxemos, a que da mais traballo e a granada pero tamén e a menos coñecida.
   Non sobrou nada, hasta seguimos coa degustación no recreo....






  Aqui estamos todos desgranando a granada, a nosa froita preferida....¡¡¡





venres, 22 de decembro de 2017

A COR LARANXA

      Encántanos mesturar cores para facer outros novos, neste caso mesturamos a cor vermella coa cor amarela, e a sorpresa foi que nos saiu a cor mais bonita do outono: A cor laranxa.
         
        Pintamos libremente sobre papel periódico, e tamén pintamos algunha folla que tiñamos na clase.


              Mirade que entretidos estamos....!!!




MAGOSTO EN 5 ANOS

      Con un pouquiño de atraso, mirade os nenos e nenas de 5 anos como  celebramos "O magosto" primeiro saimos o patio a comer as castañas, e despois participamos nos xogos populares cos demáis rapaces do cole.
     Foi moi divertido ....e pásamolo moi ben..!!! 


martes, 19 de decembro de 2017

DEBUXOS MÁXICOS NA CLASE DE 3 ANOS!

Os máis peques do cole estiveron botando contas do pouquiño que falta para que remate este ano... dentro de nada comeza o ano 2018!!!


Colorearon uns debuxos que aparentemente so eran uns cohetes de festa polo novo ano....



Pero grazas a QUIVER, unha aplicación de relidade aumentada, os debuxos cobraron vida e alucinamos un montón!!! Queredes ver o que pasou??? 



FELIZ 2018 A TODOS E TODAS!!!
Nos xa botamos fogos artificiais 
para celebralo jijijiji

luns, 18 de decembro de 2017

PARABÉNS YAIZA!

A piques de rematar o ano Yaiza celebrou cos seus compis que xa ten 3 anos!!




Coa axuda dalgunhas compañeiras fixo a súa coroa: diseño exclusivo!



Un momento que a todos nos encanta é o de ver as fotos dende a barriga... de bebés...



A todos lles encantou ver a Yaiza con poucos minutos de vida: que monada!!



Yaiza deu 3 voltas ao sol ante a atenta mirada dos seus compis que vixían que ninguén se pase do seu mes en cada volta. 


Que emoción cumplir un ano máis!

Por suposto Yaiza decoru a súa inicial con moito coidado. 



Foi a primeira en elixir algúns elementos para pegar na súa letra: moi creativa!



Así de feliz estivo Yaiza o día do seu cumple que rematou con chuches para todos: ñam!!

PARABÉNS DANIELA!!!

Hoxe temos de aniversario a máis  pequena da clase que por fin xa ten os 4 anos!!! E que mellor forma que celebralo cunha divertidísima viaxe en tren.
Moitos parabéns Daniela!!!
 

venres, 15 de decembro de 2017

XA ME TARDAN ESTES MAGOS !!!

Esta ultima semana estamos moi nerviosos e non sabemos por que sera... Pero en clase, mentres esperamos impacientes, facemos cousas moi chulas do Nadal.
Estas son algunhas das cousas que estamos preparando:


xoves, 14 de decembro de 2017

XOGAMOS EN PSICOMOTRICIDADE

A semana pasada a profe Sandra deunos unha clase de psicomotricidade moi divertida na que xogamos a moitas cousas que nos encantaron!!!

 





 

 Outras cousas que tamén facemos en psicomotricidade: