xoves, 30 de novembro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS VII

Esta vez tocou investigar sobre a "caca" dos caracois e Pedro, Hugo, Dimitri e Emma contáronnos unha cousa moi curiosa...


  A súa caca é da cor do que comen!!! Iso quere dicir que si comen tomates a caca será vermella, e si comen lechuga pois verde... e fixemos a proba!!!
 

Pedro trouxo unha mostra gráfica moi clara do que nos contou:

  

mércores, 29 de novembro de 2017

XOGAMOS COS IPAD E A MESA DE LUZ

Este ano ademais de xogar e aprender con beebot tamén aprendemos moitas cousas xogando e investigando cos ipad e coa mesa de luz que temos na biblio. Aqui déixovos unhas fotos para que vexades que cousas  divertidas e interesantes facemos fóra da aula!!!





martes, 28 de novembro de 2017

MOMENTOS NA AULA DE 3 ANOS

Os nenos e nenas da clase de 3 anos aproveitan todos os momentos da mañá para aprender xogando.
Neste vídeo podedes ver todas cousas que fixeron nun ratiño desta semana, no que, movéndose libremente pola aula, elixiron diferentes actividades.... hai que ver canto traballan estes peques!

FELIZ ANIVERSARIO SARA!!!

Sara xa ten os 4 anos e así de contenta chegou ese día a clase. Entre todos fixemos os regalos e a coroa e lle cantamos o "cumpleaños feliz". Esperamos que o pasaras estupendamente Sara e moitos parabéns!!!


luns, 27 de novembro de 2017

domingo, 26 de novembro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS V

O outro día levamos unha sospresa cando fomos a limpar a caixa dos caracois, e atopámonos con moitos ovos brancos e pequenos!!! Entón Vera, Iria e Dimitri explicáronnos como nacen os caracois e que por nacer de ovos son animais ovíparos. Tamén estudamos o ciclo de vida dos caracois e como se reproducen. Aprendemos moitas cousas interesantes e moi curiosas!!!







FELIZ ANIVERSARIO REDA!!!

Neste mes de novembro, tivemos de aniversario a Reda, todos celebramos con ela este día tan especial. Coa axuda dos seus compis decorou a súa coroa e soprou as 5 velas ...esperamos que o pasaras moi ben.
Moitas felicidades Reda!!! todos desexamos que disfrutaras do teu día, e que seas moi feliz con 5 anos.


venres, 24 de novembro de 2017

MERENDA DE PIC NIC

    Aproveitando o bo tempo do mes de outubro, os nenos e nenas de 5 anos, fomos merendar ao patio dos maiores. Tamén xogamos e disfrutamos das árbores que hai neste patio.

 
         Mirade que ben o pasamos...¡¡¡
 

sábado, 18 de novembro de 2017

PROXECTO CARACOIS IV

Continuando co noso proxecto , cando estivemos coa profe Nair merendamos uns riquísimos caracois!!! Profe Nair botámosche de menos, aínda que estamos moi ben coa profe Bea!!! ;)







domingo, 12 de novembro de 2017

PROXECTO OS CARACOIS III

Xa comezamos a nosa nova investigación. Vimos que é o que sabiamos sobre os carafio, pedimos axuda ás nosas familias e preparamos o noso recuncho de investigación onde iremos poñendo toda a informacion que traiamos de casa e o que vaiamos facendo e aprendendo. 
Unha mañá a profre Sandra tróuxonos unha chea de caracois que atopou na súa horta, así que prepraramos a caixa onde metelos e botámoslles comida.













Tamén Vera trouxo caracois moi pequeniños que metemos na caixa


PROXECTO OS CARACOIS II

Apareceu un caracol no corredor¡¡¡ Fai unhas semanas apareceu un caracol dentro dunha caixa de plástico cuns buracos e a profe díxonos que esa caixa era para ter caracois en clase!!!

 



Levamos a caixa para clase e o caracol tan chulo que estaba dentro, votamos e decidimos entre todos o nome que lle poñeriamos á nosa nova mascota






Saíu, por maioría, Espaldita.
E saímos ao patio a buscar caracois para ter en clase, pero non atopamos ningún...



Decidimos volver outro día a ver si temos máis sorte...