martes, 31 de outubro de 2017

PARABÉNS DARÍO!

Remata outubro e Darío xa ten 3 anos, o cal celebramos todos xuntos na clase, porque cumplir anos é algo moi especial!


Coa axuda dos nenos e nenas da clase decorou a súa coroa que quedou chulísima! 



Darío deu 3 voltas ao sol! Pouco a pouco estamos aprendendo que a terra tarda un ano en dar unha volta completa ao sol, e Darío xa deu 3 voltas ao sol dende que está na terra. 



O principal obxectivo é que os nenos e nenas se sintan especiais no seu día e poidan compartilo cos seus compis, e de paso gustaríanos que interioricen o que significa cumplir anos ao tempo que traballamos outras cousas (o paso do tempo, as estacións, os movementos do Sol). 



En cada volta ao sol fomos vendo fotos de Darío dende o día que naceu ata agora. Canta ilusión ensinándolle aos compis o moito que medrou.... todos estiveron de acordo cando viron a súa foto de recén nacido: "que mono!" 



Por suposto Darío decorou a súa inicial con moito coidado e atención. 


E a súa "D" xa forma parte da parede das letras cumpleañeiras. 



Así de chula quedou a súa inicial e o agasallo dos compis e da profe coas pegadas de todos para que Darío garde un recordo moi especial deste cumple.   



Saboreamos un delicioso biscoito que nos trouxo Darío... para chupar os dedos! E por suposto non podían faltar as velas.... que foron un pouco gamberras e non querían apagarse: mirade canto soplou o cumpleañeiro coa axuda dos seus compis.  



PARABÉNS DARÍO!

A MOSCA CHOSCA NA CLASE DE 3 ANOS

Fai unhas semanas na clase de 3 anos traballamos un conto moi divertido: A CASA DA MOSCA CHOSCA. 
A mosca Chosca está xa cansa de dar voltas polo mundo así que decide construír a súa propia casa... e quédalle tan bonita que decide facer unha festa de inauguración.

 

Prepara un delicioso pastel de amoras e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar.



Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ata que non queda sitio na mesa pero entón... bueno mellor non vos contamos o final que é inesperado e divertido.... descubrideo vos mesmos! 



Coa axuda duns debuxos dos personaxes do conto, que usamos como títeres, repasamos a historia, e aproveitamos para facer un monton de xogos na clase e no ximnasio. 



E un día, recibimos unha visita moi pero que moi especial... A MOSCA CHOSCA ESTIVO EN SEIXO!!! si, si, non estamos tolos!!



Como se nota que pasaron unhas semanas: xa medramos un montón! 



Podedes coller este conto na biblioteca: seguro que vos encanta! 

OS CANTANTES DA CLASE DE 4 ANOS

A clase dos máis peques do cole recibiu unha sorpresa: os nenos e nenas da clase de 4 anos querían compartir con eles un montón de cancións novas.


Aproveitamos para mandarlle un bico á profe Nair que estivo 15 días con nós e aprendemos un montón de cancións e máis cousas con ela.

luns, 30 de outubro de 2017

PARABÉNS LUCÍA!

Lucía cumpliu 3 anos este verán, pero non queríamos deixar pasar sin celebrar esta data tan importante para ela, así que nos xuntamos para celebrar que Lucía xa ten 3 anos!



Lucía compartiu recordos dende que naceu, en forma de fotos, mentres daba voltas ao sol... si, si: voltas ao sol! Pouco a pouco iremos aprendendo que a terra tarda un ano en dar unha volta completa ao sol, así que Lucía xa deu 3 voltas ao sol dende que está na terra.



O principal obxectivo é que os nenos e nenas se sintan especiais no seu día e poidan compartilo cos seus compis, e de paso gustaríanos que interioricen o que significa cumplir anos ao tempo que traballamos outras cousas (o paso do tempo, as estacións, os movementos do Sol).



Lucía tamén foi a encargada de inaugurar a parede das letras onde cada un ten localizada a súa inicial (e moitos xa coñecen a dos compis).



Decorou a súa letra pintando, pegando.... unha obra de arte!



Así de bonita quedou... xa veredes que chula vai estar esa parede a final de curso!



E non podía faltar un agasallo especial de parte de todos para Lucía, así que puxemos a voar a Arnaldo coas nosas pegadas... tamén estamos aprendendo que as pegadas dactilares son únicas así que son algo moi especial.



PARABÉNS LUCÍA!!!

mércores, 25 de outubro de 2017

XOGANDO CON PLASTILINA

A plastilina é un material que os peques adoran e co que lles encanta xogar, porque é brando, poden moldealo ao seu gusto, é moi colorido... Por iso e por moitos motivos máis, é un dos materiais que normalmente non falta nas aulas de infantil.


Ao xogar e realizar actividades coa plastilina adquiren axilidade, forza e destreza coas súas mans e os seus dedos, o cal traballa a motricidade fina que é fundamental para o desenvolvemento adecuado do proceso da lectoescritura. 


Ademais a plastilina permite desenvolver a imaxinación e a creatividade. Os nenos poden realizar todas as figuras que a súa imaxinación mande. 


Estes días engadimos unhas bases que deron moito xogo e saíron figuras moi divertidas. É un pracer velos crear.





luns, 23 de outubro de 2017

ARTE COLABORATIVO

Se vedes este precisoso cadro pensaredes que forma parte dalgunha valiosa colección dun gran museo.... e así é: forma parte da exclusiva colección do cole de Seixo!


Este cadro tan fermoso é o resultado de deixar pintar libremente, con música de fondo, aos máis peques do cole, que, de forma colaborativa, fixeron esta gran obra de arte. 







Botádelle un ollo cando poidades, porque en directo aínda é máis bonito!

xoves, 19 de outubro de 2017

XOGANDOS COS NOMES PROPIOS

É moi importante que todo o que aprendan os peques sexa significativo para eles, por iso o primeiro acercamento á escritura facémolo a través dos seus nomes propios, porque son palabras significativas para cada neno e nena, cunha enorme carga afectiva, o cal os motiva un montón.
Así que nesas andamos... xogando cos nomes, coas iniciais...




E aproveitamos para presentarnos: mirade que guapos e divertidos estamos todos!

mércores, 18 de outubro de 2017

DESFRUTANDO DA CLASE DE MÚSICA

Esta foi a última clase da profe Rosa cos nenos e nenas da case de 4 anos, e os peques da clase de 3 non se quixeron perder esta última oportunidade de bailar e desfrutar da música coa profe Rosa: un bicazo profe, ven a visitarnos!





sábado, 14 de outubro de 2017

ALIMENTACIÓN SAUDABLE NA FESTA DO SABER

Os máis peques do cole estivemos traballando sobre alimentación saudable e compartimos cos compis de 5º todo o que aprendemos.

Primeiro invitámolos a nosa exposición onde lles explicamos todo o que descubrimos na nosa investigación. 



E despois entre todos elaboramos unhas pizzas deliciosas que degustamos nunha merenda moi especial... e por fin estrenamos o forno do cole!