mércores, 26 de xullo de 2017

DEBERES DE VERÁN PARA TODA A FAMILIA

Fai mais ou menos un mes tivemos unha reunión coas familias dos nenos e nenas que o próximo curso pasarán a formar parte a tropa do cole de Seixo. Entre as moooitas cousas que falamos, repartimos unha lista de "deberes" para toda a familia, que é aplicable ás familias de todo o alumnado. Inda nos queda un mes de verán para poñelos en práctica ;)
  

Na reunión tamén puidemos ver un resumo de 4 minutos deste fantástico vídeo sobre o xogo que recomendamos a todas as familias, a todos os profes... a todo o mundo!!! Merece a pena velo, e se vos animades, encantaríanos saber a vosa opinión! 

xoves, 6 de xullo de 2017

DO INVERNO...A PRIMAVERA

                   Coa chegada da primavera, o mural do inverno foise transformando pouco a pouco: frores, mariposas, xoaniñas....etc...e por fin rematámolo coa chegada do verán e tamén das vacacións.


mércores, 5 de xullo de 2017

UNHA MASCOTA NA AULA DE 4 ANOS

O longo deste curso, unha mañá o chegar a aula, levamos unha gran sorpresa,o noso compañeiro Iván trouxo "un hamster".
Estivemos tódala mañá investigando características deste animaliño: que tiñan catro patas, que viven sólo dous anos, comen leitugas, zanorias e pipas, fan exercicio coa roda...etc.
E rematamos cun video de Caillou:"El hamster de Leo".


Aqui estamos co hamster no patio

IMITAMOS A KANDINSKY

      O curso pasado, fixemos os nenos e nenas de 4 anos, a árbore da primavera con espirais ou caracois como lle chamamos nos, aproveitando que estabamos a facer o proxecto: "Os caracois". E agora pola parte traseira das espirais trazamos con témpera cículos concéntricos de tódalas cores imitando a Kandinsky. 
     Na segunda parte do vídeo, mirade como con folios de cores recortamos círculos de diferentes tamaños e fixemos "un collage", quedounos así unha imitación do cadro de Kandinsky: "Círculos concéntricos".         

luns, 3 de xullo de 2017

METODOLOXÍA ABN: MATEMÁTICAS SINXELAS, AMENAS E DIVERTIDAS

Neste curso, os nenos e nenas de 4 anos, aprendimos moitas cousas sobre os números: utilizamos pinzas, palillos e tamén a "recta numérica". Mirade todo o que traballamos.

 
Aqui estamos facendo sumas con pinzas 


Sumas e cantidades

Series con palillos

Diversas operacións coa recta numérica