venres, 23 de xuño de 2017

RUMBO A PRIMARIA: CANTO MEDRARON ESTES PEQUES!


Era setembro de 2014 cando 14 peques chegaban ao cole de Seixo.... e nuns meses darán o salto a primaria.
Hoxe foi un día moi especial para todos, xa vos ensinaremos fotos da entrega de orlas e diplomas: que emoción!
Os nenos levaron para casa un dvd con máis de mil fotos destes anos en infantil, pero ademais quixemos sorprendelos cun vídeo moi especial que nos emocionou e arrincou moitos sorrisos.
Queremos compartilo no blog porque tamén é un agasallo para as familias.
Grazas por confiarnos aos vosos peques: son marabillosísimos!!!! e grazas a tamén por facer tan fácil o noso traballo. Estamos moi agradecidos polos vosos agasallos que nos sorprenderon e emocionaron moito!


3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Gracias profes.. foi unha etapa deliciosa..
    Moita peña x non haber compartido con tod@s vos o último día.. Eu kería estar na graduación.. este ano a comunidade educativa non foi tal.. unha mágoa!! Ogallá os anos vindeiros contedes con nòs..
    Felices vacacións! Nolas merecemos..
    Vémonos á volta.. muaka

    ResponderEliminar