venres, 23 de xuño de 2017

RUMBO A PRIMARIA: CANTO MEDRARON ESTES PEQUES!


Era setembro de 2014 cando 14 peques chegaban ao cole de Seixo.... e nuns meses darán o salto a primaria.
Hoxe foi un día moi especial para todos, xa vos ensinaremos fotos da entrega de orlas e diplomas: que emoción!
Os nenos levaron para casa un dvd con máis de mil fotos destes anos en infantil, pero ademais quixemos sorprendelos cun vídeo moi especial que nos emocionou e arrincou moitos sorrisos.
Queremos compartilo no blog porque tamén é un agasallo para as familias.
Grazas por confiarnos aos vosos peques: son marabillosísimos!!!! e grazas a tamén por facer tan fácil o noso traballo. Estamos moi agradecidos polos vosos agasallos que nos sorprenderon e emocionaron moito!


xoves, 15 de xuño de 2017

EXCURSIÓN AO PARQUE NATURAL DE RÍA BAROSA

Os máis peques do cole fixeron a última saída do curso ao parque natural de ría Barosa onde disfrutaron dunha mañá moi divertida nun precioso entorno natural. 
Aproveitaron tanto a mañá que ata aprenderon a facer pan e levaron as súas bolas para casa... incluso apareceu por ahí un Arnaldo de pan!

sábado, 10 de xuño de 2017

FELIZ ANIVERSARIO MARIO!!

O noso compañeiro Mario foi o último en cumprir 5 anos neste curso. Moitas felicidades Mario!! esperamos que o pasaras moi ben.

luns, 5 de xuño de 2017

PROXECTO ALIMENTACION SAUDABLE VII

     Por último e para rematar o noso proxecto aprendimos  onde podemos atopar os alimentos e como se chaman as persoas que alí traballan.