mércores, 29 de marzo de 2017

PROXECTO ALIMENTACION SAUDABLE (II)

Estes días, con motivo da nosa investigación, fomos a algunhas clases de primaria para que nos prestasen un aparato dixestivo co obxectivo de observar o que pasa cos alimentos que comemos






E tivemos a sorte de que a clase de 3º de primaria contáronnos moitas cousas sobre os ósos, o corazón e ensináronnos todas as plantas que estiveron plantado (manzano, patacas, guisantes..)




Ao final foron os nenos e as nenas de 4º de primaria os que nos deixaron o aparto dixestivo que agora xa forma parte do noso novo recuncho da alimentación saudable.


Esta é a nosa réplica ó que lle puxemos o nome de "Kandinsky" (por que será...)




E esta a ficha que traballamos na aula: 
 

martes, 28 de marzo de 2017

PROXECTO ALIMENTACION SAUDABLE (I)

Na clase de 3 anos empezamos un novo proxecto!!!
Esta vez tócanos investigar sobre os alimentos e para iso pedimos, unha vez máis, a colaboración das familias para que nos axuden a recortar alimentos dos folletos dos supermercados cos que montaremos a nosa pirámide dos alimentos.

luns, 27 de marzo de 2017

SAÍDA AO TEATRO

Hoxe celébrase o día internacional do teatro, por iso nos lembramos da saída que os peques fixemos á Fundación Abanca a ver una obra de teatro da compañía Trompicallo: "Osiño"


Ademais estreamos os nosos chalecos das saídas e estábamos guapísimos!












Aquí podedes ver un pouquiño da obra:

venres, 24 de marzo de 2017

PROXECTO KANDINSKY (VIII)

A semana pasada rematamos o noso proxecto sobre Kandinsky invitando aos nenos e nenas de 5º de Educacion primaria para ensinarlles e explicarlles todo o que fixemos e aprendemos sobre kandinsky.



Estiveron moi antentos as nosas explicacioóns e aprenderon  moitas cousas!!!


Para terminar lles leimos o conto "pequeno azul e pequeno amarelo" . Quedaron encantados da nosa exposición e prometéronnos que algun día nos leerían algun conto na biblioteca!!!

xoves, 23 de marzo de 2017

DESFRUTANDO A TOPE NO PATIO!

Hai algo que no noso cole non podemos ocultar: os nenos manchan os tenis e os pantalóns! pero bueno, que para iso se inventaron as lavadoras jejeje e a cambio.... mirade o ben que o pasamos e canto desfrutamos no recreo!
En canto nos visitan uns días de calor xa nos emocionamos e invitamos a auga a xogar con nós ;)

BENVIDA PRIMAVERA

Os máis peques do cole recibiron a primavera facendo flores e bolboretas: encántanos esta estación!


Quen mellor que eles para darlle a benvida?

FELIZ ANIVERSARIO PEDRO!!!

          Este mes de marzo tivemos de aniversario o noso compañeiro Pedro que xa cumpriu os 4 anos.

Moitos parabéns Pedro!!!!

martes, 21 de marzo de 2017

RETRATOS A TODA MECHA!

Na clase de psicomotricidade fixemos un xogo que resultou xenial. O material era moi sinxelo: unha cartolina na espalda e un rotu na man. Iso xunto cun pouco de música marchosa foron os ingredientes necesarios para esta divertida clase.


Todos tiñamos que bailar ao ritmo das diferentes músicas que soaban...


...cando paraba a música todos tiñamos que parar e xuntarnos co compañeiro que tiñamos máis cerca. 


En cada parada debuxábamos o que a profe dicia ao compañeiro que nos tocaba: a cabeza, os ollos, a boca.... 

Os retratos resultaron do máis variado e divertido....





A profe tamén xogou e quedou así de guapa ;)

mércores, 15 de marzo de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER

       Para conmemorar ou día dá muller (8 de marzo) recibimos a visita dunha traballadora de asuntos sociais do concello que nos contou un conto moi interesante dunha princesa, que non era como tódalas princesas que coñecemos, senón que esta era moi divertida e sobre todo moi independente e segura de si mesma¡¡¡
E despois na clase fixemos un bonito colgador para as portas onde cada un dibuxou a muller mais importante dá sua vida!!!

luns, 13 de marzo de 2017

RECICLANDO E XOGANDO

Os nenos e nenas da clase de 5 anos, adican o seu proxecto de aula a algo imprescindible para o mundo que queremos: UN MUNDO LIMPO.



E un mundo limpo pasa por ser un mundo onde o lixo non contamina, onde a reciclaxe forma parte do día a día... onde o material de refugallo se converte en fantásticos e creativos xoguetes!



Por iso están construindo esta cidade tan chula, onde todo o que tirarían ao lixo despois da merenda vai para unha caixa de reciclaxe....


Así que todos os envases, tapóns e demais, unidos á mente creativa do profe Jorge e a arte dos nenos e nenas está dando un resultado fantástico... estamos desexando ver a obra de arte rematada!

mércores, 1 de marzo de 2017

OS PEQUES RECITAMOS A ROSALÍA

Así de ben nos saiu este recitado de Rosalía de Castro feito entre todo o alumnado de infantil. Desfrutádeo.



Contádenos que vos pareceu... gustouvos?