domingo, 19 de febreiro de 2017

PATRICIA XA TEN 5 ANOS !!!

   O día 1 de febreiro, Patricia a maior da clase, que chegou nova este curso, xa cumpriu os 5 anos.
  Moitas felicidades Patricia !!! 

xoves, 16 de febreiro de 2017

mércores, 15 de febreiro de 2017

XOGANDO COAS LETRAS

    O outro dia xogamos cos números e hoxe estivemos xogando coas letras e os nosos nomes que xa sabemos construír soiños





martes, 14 de febreiro de 2017

CARREIRAS CON EQUILIBRIOS

Seguimos desfrutando coas aportacións dos peques ás clases de psicomotricidade... veñen cargados de ideas e con todo moi ben preparado da casa.
A semana pasada Nerea fixo un montón de debuxos para o xogo que preparou... que artista!



Esta semana Daniela preparou carreiras en zigzag facendo equilibrios cunha boliña nunha culler na boca... tivemos que practicar porque non era nada fácil!




Mirade que concentrados... como premio comeron as boliñas de chocolate... ñaaaam!!!!



domingo, 12 de febreiro de 2017

DIA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz.
Os nenos e nenas de 4 anos, fixemos na aula, unha coroa moi bonita, e démonos moitos bicos e apertas.



xoves, 9 de febreiro de 2017

PROXECTO KANDINSKY (VII)

Xa estamos rematando o noso proxecto sobre Kandinsky e agora quédanos o remate final que vai consistir en invitar a algunha clase dos maiores do cole para que veñan a ver a nosa exposición sobre Kandinsky e contarlles todo o que aprendemos sobre él.
Así quedou a nosa exposición:

FELIZ ANIVERSARIO VERA¡¡¡

      No mes de xaneiro tivemos de aniversario a nosa compeñeira Vera que xa cumpriu os 4 anos e é a maior da clase¡¡¡
      Moitos parabéns Vera e desexamos que disfrutaras do teu día¡¡¡


XOGANDO COS NÚMEROS

Aos máis peques do cole encántalles xogar cos números: traballan un montón!

Pedro

Hugo

Dimitri

Vera

Iria
 
Eva

Sara

Emma

mércores, 1 de febreiro de 2017

A NOVA CASIÑA DA CLASE DE 5 ANOS

Na clase de 5 temos unha nova casiña para xogar. 
O profe Jorge é un manitas e construiu esta casa reciclando cartóns vellos: que ben o imos pasar!