mércores, 29 de xuño de 2016

OS PEQUES NA FESTA DO SABER

Queredes ver como compartimos os peques o aprendido nos nosos proxectos? podedes velo no lod de Arnaldo. Premede na imaxe de cada curso e iredes directiños!

OS CARACOIS: 3 ANOS

O MERLO: 4 ANOS

O NEOLÍTICO: 5 ANOS

martes, 28 de xuño de 2016

SOÑOS NA GAIOLA

Os peques do cole disfrutamos moito cos poemas de Manuel María. 


Sobre todo cos do seu libro: Soños na gaiola.

Cada un dos cursos eliximos un animal, aprendemos o poema e tamén o ilustramos: mirade que gran traballo fixemos!

5 ANOS: O CUCO

4 ANOS: O BURRO

3 ANOS: O CARACOL

Desexando que o próximo ano nos toque un escritor tan proveitoso como Manuel María!

domingo, 12 de xuño de 2016

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Todos os peques de infantil fixemos a nosa especial excursión de fin de curso. Moi emocionados saímos en bus rumbo ao PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO







Cando chegamos tivemos un tempo libre para xogar e situarnos no terreo. Sempre disfrutamos moito na natureza!





Separámonos en dous grupos. Os de 5 anos, expertos no neolítico, fomos primeiro a ver petroglifos e logo fixemos un obradoiro de agricultura. Mirade que ben o pasamos:



A ANPA convidounos a merendar e unhas nais viñeron para facernos uns deliciosos bocatas que nos serviron para coller moita enerxía! Grazas por coidarnos tanto!



Os de 3 e os de 4 fixemos un obradoiro de pintura e tamén paseamos polos petróglifos:



Mirade que pinturas tan "neolíticas" nos fixeron!! Así lucimos os da clase de 5 anos. 




venres, 10 de xuño de 2016

BOS DÍAS CON MOITO AMOR


Dentro de moi pouquiño estaremos de vacacións e os peques do cole queren achucharse moito porque logo xa non poderán facelo a diario. 
Mirade que cariñosos comezaron o día!  



QUE TEÑADES UN BO DÍA! 
adxuntamos unha chea de abrazos virtuais para todos ;)