mércores, 27 de abril de 2016

VISITANDO A DON QUIXOTE NA BIBLIO

Mirade que recuncho máis chulo temos na biblio para lembrar a Don Quixote... os da clase de 5 subimos a velo en directo.
Premede na imaxe para ver a nosa visita. 


FELIZ ANIVERSARIO ALBERTO E CARMEN¡¡¡¡

Este mes de Abril tivemos de aniversario a Alberto e a Carmen que xa cumpliron os 6 anos!!! que rápido pasa o tempo...
 Moitas felicidades chicos¡¡¡¡

xoves, 21 de abril de 2016

PROXECTO NEOLÍTICO (VI)

Esta semana estivemos a traballar os petróglifos e para iso axudáronnos Rubén que nos ensinou os diferentes gravados que podemos atopar por terras Galegas e Manuela que nos explicou como facer un labirinto¡¡¡








Saimos fóra a facer petróglifos na entrada do cole... estivo xenial¡¡¡

mércores, 20 de abril de 2016

AS SEMENTES DO PATIO

Xa estamos na primavera e nos días soleados coma o de hoxe pasámolo pipa no recreo!
Unha das últimas afeccións que temos durante o tempo de xogo libre no patio é recoller sementes!! Estamos moi entregados á agricultura =) mirade, mirade.....

XA É PRIMAVERA NA CLASE DE 4 ANOS

Mirade que mural mais chulo fixemos co profe Jorge os da clase de 4 (e 5 recién cumpridos!!) 

martes, 19 de abril de 2016

OS PEQUES DE CONCERTO (MAMÁ CABRA)

Todos os nenos e nenas de infantil viaxamos en bus ata Pontevedra para celebrar con Mamá Cabra as súas 15 primaveras facendo música para toda a familia.



Chegamos ao teatro e atopámonos coa Praza da música...


Todos estábamos moi nerviosos e desexándo que empezase!










E por fin comezou o concerto!


Pasámolo xenial cantando e bailando con Mamá Cabra, especialmente esta canción que cantamos moooooitas veces coa profe Rosa!GLU GLU GLU

xoves, 14 de abril de 2016

VISITA AO MUSEO

Os peques da clase de 5 anos estivemos de visita no museo, cos compañeiros de 4º e de 5º de primaria (MAIS FOTOS AQUÍ) 
Mentres eles visitaron a sala Castelao, nos estivemos na sala da prehistoria repasando o moito que sabemos do Neolítico.
Raquel quedou pasmada cos nosos coñecementos da prehistoria e ensinounos moitas cousas que non sabíamos.




Encantounos poder tocar algunhas réplicas de ferramentas prehistóricas







Pasámolo xenial, e cando chegamos ao cole, algúns quixemos contar o que mais nos gustou...