venres, 8 de xaneiro de 2016

OS DE 3 ANOS VISITAMOS A BIBLIO

Os peques do cole hoxe subimos ata a biblioteca para coñecela un pouco mais. 
Estivemos vendo e contando cantos ordenadores hai para investigar. 



Tamén descubrimos a fonoteca... 


E por suposto, todos quixemos comprobar que os cascos funcionaban ben! 




Despois de dar unha volta vendo os libros, localizamos a zona que mais interesante e a alí sentamos. Primeiro, a profe contou un conto que nos encantou a todos!


E despois estivemos disfrutando dos contos que mais nos gustaban!







Mirade que concentrados estivemos nos contos!



Pasámolo xenial! E foi moi divertido coñecer a Arnaldo, a mascota da biblio, que xa nos escribira algunha carta. Contounos que nos vai mandar mais, estamos desexando recibilas! 


Teremos que voltar pronto porque quedamos con ganas de ver mais contos e ademais Roque, Andrés e Joel, que hoxe non viñeron a clase, teñen que coñecer a Arnaldo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario