venres, 23 de decembro de 2016

MURAL DE OUTONO

Por fin xa rematamos o mural, con él aprendimos: As cores e as letras do outono,  número de setas, e cantos nenas e nenos hai dentro de cada unha delas, moitas,poucas ou ningunha folla...etc, un montón de cousas traballadas o longo deste trimestre.

luns, 19 de decembro de 2016

SAÚL, VALERIA E ANDRÉS XA TEÑEN 4 ANOS!

Os máis peques da clase da profe Maricarmen celebraron o seu aniversario e xa todos teñen 4 anos. 



Andrés, Valeria e Saúl decoraron xuntos as súas coroas para compartir a celebración dun día tan especial para eles. 



Por suposto recibiron moita axuda dos seus compis!



Cada un soprou a sua vela co número 4. 






E a piques de rematar o trimestre, xa todos os nenos e nenas desta clase teñen os 4 cumpridos, agora: a polo 5!

sábado, 17 de decembro de 2016

OS FROITOS DO OUTONO

Os nenos e nenas de 4 anos estivemos degustando os froitos do outono, e aprendimos as diferencias entre os froitos carnosos e os froitos secos.
A froita máis complicada foi a granada, pero o que non sabíamos era que os nosos compañeiros Patricia, Iván e Roque, eran verdadeiros expertos
en quitarlle  a casca e desgranala.
Todo un descubrimento!!

domingo, 11 de decembro de 2016

COÑECENDO AS ILLAS ATLÁNTICAS

Os nenos e nenas de infantil participamos dunha actividade que nos permitiu coñecer máis sobre as illas atlánticas. 
Uns piratas visitaron a nosa biblioteca para contarnos moitas cousas sobre as plantas, os animais... e máis segredos das illas. Compartiron con nós o conto: "O tesouro da illa, o pirata Calavera"
Ademais fixemos uns xogos para repasar o aprendido durante o conto: "Os fondos mariños do Parque Nacional" 
Aquí vos deixamos algunhas fotos. 


Illas Atlánticas by Slidely Slideshow

sábado, 10 de decembro de 2016

O OUTONO NA CLASE DE 5 ANOS

Os peques do cole son auténticos nativos dixitais e manéxanse de marabilla cos iPads. Ademais son moi creativos e imaxinativos: a mezcla é fabulosa.


Na clase de 5 anos eliximos 7 elementos de outono, un para cada parella. Despois pensamos que poderían dicir cada un deles, e as parellas pensamos o guión das nosas escenas. Coa axuda da profe pasámolo ao galego.


Buscamos fotos en internet e descargámolas. 



E despois de algunhas prácticas fixemos unha pequena animación de cada un dos elementos do outono. 



Queredes ver que chulas e divertidas nos quedaron?

martes, 6 de decembro de 2016

25N: DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

                 O 25 de novembro celebramos no cole o día 
internacional contra a violencia de  xénero.
        Os nenos e nenas de 4 anos estamos facendo un obradoiro baseado no conto : "A Formiga Carmiña".







 
      Aqui están todas as formigas. Que chulas quedaron!!                                                                                

martes, 29 de novembro de 2016

PROXECTO KANDINSKY (II)

ESTES DIAS ESTAMOS COÑECENDO A KANDINSKY A TRAVES DOS CUADORS QUE TROUXEMOS DE CASA E EMPEZAMOS CO SEU CADRO "CIRCULOS CONCENTRICOS" QUE ELIXIRON EVA, HUGO E SARA.


 Convertímonos en pintores e pintoras y fixemos o cadro de Kandinsky entre tod@s

FELIZ ANIVERSARIO SARA!!!

A semana pasada tivemos de aniversario a mais pequena da clase que xa cumpriu os 3 anos. Moitas felicidades SARA!!!
 

venres, 25 de novembro de 2016

SACANDOLLE PARTIDO Á PODA DAS ÁRBORES

Esta semana tocou poda no patio... así que un día no recreo tivemos todo o chan estivo cheo de ramas... e non quixemos perder a oportunidade de sacarlle partido!


Movendo tantas follas e ramas... os bechos saíron a pasear e vimos máis que nunca. 



Os troncos convertéronse nunhas fabulosas barras de equilibrio.



Coas ramas xogamos a medir e comparar alturas.

Tamén aproveitamos os troncos para comparar tamaños: os grandes e os pequenos, os grosos e os finos, os pesados e os lixeiros....



E disfrutamos moito xogando cos pauciños, con sentido e cos ollos atentos dos profes... pero disfrutando desta oportunidade!


Tamén conseguimos coller máis ourizos que nunca, estaban tan altos que era moi dificil conseguir un, pero hoxe parecía unha festa de ourizos: contamos e agrupamos un montón!



Somos uns afortunados con este patio tan marabilloso!

mércores, 23 de novembro de 2016

PROXECTO KANDINSKY (I)

Na clase de 3 anos empezamos o noso primeiro proxecto relacionado coa arte e para iso eliximos a "Kandinsky" por ser un pintor que utiliza moitas cores e formas nos seus cadros. O primeiro que fixemos foi convertirnos en detectives e mandar unha nota ás familias para que nos axudasen a elixir unha pintura.




Foi asi como trouxeron moitos cadros que iremos traballando na aula e que nos axudaran a ir coñecendo a Kandinsky e a aprender moitas cousas sobre él.


E comenzamos a organizar o noso recuncho de Kandinsky...



domingo, 20 de novembro de 2016

OS FROITOS CARNOSOS

Os máis peques do cole estiveron aprendendo a diferenza entre os fritos secos e os carnosos. 



E nada mellor que probalos para comprobar a diferenza, así que fixeron unha degustación de froitos carnosos. 








Desfrutaron moito e atrevéronse a probar novos sabores e texturas. 




Mirade que ben aprenderon a diferenza entre os froitos secos o os carnosos. 



Que pena que faltaron varios compis este día: teremos que repetilo!