xoves, 29 de outubro de 2015

PHOTOCALL DE SAMAIN

Estos días traballamos duro coa profe para montar un photocall moi especial... e aqui tedes o resultado: unhas fotos terroríficas!!! jijiji

 




COÑECEDES AO GRÚFALO?

Se queredes saber quen é o Grúfalo... e que facemos rodeados de tantos animais... premede na foto e teredes unha explicación!!


CORRE CORRE CABACIÑA

No blog de Arnaldo temos unha recomendación dun conto xenial para contar estos días de celebración de Samaín. Premede na imaxe e poderedes ver vídeo, canción, xogo....


Pero ademais, queremos recomendarvos que vexades unha versión xenial do conto feita polos nenos e nenas da clase de 3 anos do CEIP Javier Sensat e o seu profe Alberto... é xenial!!

OBRADOIRO MONSTRUOSO NA BIBLIO

Celebrando o Samaín e o día das bibliotecas, fixemos uns obradoiros moi divertidos na biblioteca cos nenos e nenas de primaria que nos axudaron un montón (premede AQUÍ para ver canto traballamos).
Mirade o resultado... corredes risco de desmaio do chulos que nos quedaron! ;)






mércores, 28 de outubro de 2015

PROXECTO POR QUE CHOVE? (III)

Onte e hoxe Irene, Pedro e Abel contáronnos o que estiveron a investigar na casa, cousas moi interesantes sobre o ciclo da auga e sobre as burbullas e o efecto da calor e do frío sobre a auga.


 Despois na clase traballamos os estados da auga e fixemos unhas fichas super chulas e super fáciles¡¡¡¡



martes, 27 de outubro de 2015

PROXECTO POR QUE CHOVE? (II)

Xa comezamos a estudar  a choiva e o primeiro que investigamos foi sobre a auga. Para elo a profe ensinounos como é a auga, que cor ten, a que sabe e como ole.
Fixemos un experimento super interesante que consistiu en meter na neveira do cole un vaso de auga e no conxelador unha cubitera chea de auga e de auga tintada de cor rosa e morada para ver o que acontecía. Tamén calentamos moito un vaso de auga no microondas ata que empezou a facer burbullas e ao sacalo vimos como del saía fume!!! a  profe díxonos que iso era vapor da auga e fixámonos que ese vapor ía cara arriba.... e que iso pasaba nos mares e ríos e que ese vapor era o que formaba as nubes, ¡¡¡¡ cantas cousas aprendimos¡¡¡¡







Para todo isto tamén nos axudaron Sofía, que nos contou un conto titulado "La gotita Plim, Plim", Alberto que investigou moito e trouxo moita información sobre os estados da auga e Manuela que fixo un vídeo explicando todo este proceso da auga, de pasar de líquida a gaseosa. 

sábado, 24 de outubro de 2015

OS DE 5 VISITAMOS A FONOTECA

Despois de recibir a nota de Arnaldo, os da clase de 5 anos non puidemos esperar máis para ir a probar a fonoteca... pinchade na imaxe para ver as fotos dese día!

mércores, 21 de outubro de 2015

PROXECTO POR QUE CHOVE? (I)

Todos os días, na asemblea que facemos cando chegamos á clase, observamos o tempo. A semana pasada tivemos varios pasados por auga, e comezaron a xurdir preguntas sobre a orixe da choiva, e non tiñamos nada claro de onde vén a auga que cae do ceo, así que entre todos decidimos comezar este curso cun proxecto que esperamos que nos dea resposta a esta gran pregunta: POR QUE CHOVE?

Unha vez que decidimos investigar o tema da choiva comezou o noso proxecto. Convertímonos de novo en investigadores cos nosos novos carnés e solicitamos a vosa axuda. 


Comezamos a montar o noso recuncho sobre a choiva e elaboramos o mural sobre que sabemos sobre a choiva, que é o que queremos saber? e onde podemos buscar a información?

Cada día que pasa temos o recuncho máis cheo de información¡¡¡ 

venres, 16 de outubro de 2015

FELIZ ANIVERSARIO CLOE¡¡¡¡¡

Comezamos o curso co aniversario de Cloe que cumprirá 5 anos o vindeiro día 18 pero que no cole xa o celebramos hoxe venres elaborando os regalos, facendo a coroa e cantándolle un estupendo "cumpleaños feliz".

Parabéns Cloe¡¡¡¡¡