martes, 23 de xuño de 2015

OS DE 5 ANOS MARCHAN A PRIMARIA!

Os peques da clase de 5 anos remataron o seu tempo en infantil... e xa suben ao piso de arriba... que maiores sodes... non vos olvidedes de vir polo patio a visitarnos!

mércores, 10 de xuño de 2015

FELIZ ANIVERSARIO IRENE!!!

A semana pasada tivemos de aniversario a Irene que xa cumpriu os 5 anos e para celebralo comimos unha riquísima tarta e cantamos o "cumpleaños feliz".
MOITAS FELICIDADES IRENE!!!!

venres, 5 de xuño de 2015

OS TITIRITEIROS DA CLASE DE 3 ANOS

Hoxe rescatamos unhas fotos do mes de novembro... hai que ver canto medramos!


Vedes as nosas caras de atención? adiviñades que estábamos vendo?


Xogamos a ser titiriteiros, usando diferentes tipos de marionetas, convertíndonos en diferentes personaxes, contando pequenas historias....


Pasámolo fenomenal e algúns sorprendéronnos moito coas súas grandes cualidades cos títeres. Unha clase chea de artistas!!





mércores, 3 de xuño de 2015

PROXECTO BALEAS (18)

Na clase de 5 anos seguimos facendo auténticas obras de arte e construindo baleas... xa vos ensinaremos o resultado final!


martes, 2 de xuño de 2015

PROXECTO BALEAS (17)

Para organizar a información dos libros que trouxemos da casa, fixemos fotocopias para poder suliñar e marcar sin ter que pintar nos libros. Descubrimos como fan fotocopias os profes... que ilusión!





Seguimos facendo traballos super chulos... mirade que esqueletos de balea!!


Porque as baleas, como son mamíferos, teñen osos, e non espiñas como os peixes.