domingo, 31 de maio de 2015

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS NO LAGO DE CASTIÑEIRAS

Os nenos e nenas da clase de 4 anos fixemos unha saída moi especial ao Lago de Castiñeiras con nenos e nenas do 2º ciclo de educación primaria, grazas á Fundación Lago de Castiñeiras (formada por varias catro comunidades de montes de Marín e Vilaboa: Santomé, San Xulián, Vilaboa e Santa Cristina.).
Viaxamos xuntos no bus e cando chegamos alí separámonos durante un ratiño para facer actividades máis específicas. 


Os peques estivemos xogando... encántanos xogar na natureza!


Merendamos sentados na herba...


E aproveitamos todos os recursos do Lago para pasalo fenomenal. Mirade que artistas escribindo os nosos nomes con ramiñas e paus!!








Despois fixemos unha ruta con Gaspar (que é o pai de dous compis do cole: Fuco e Lúa) para ver en directo moitas das cousas que nos contara fai unhas semanas no cole (podedes recordalo premendo AQUÍ).





Gracias Gaspar pola túa paciencia e cariño con nos, e tamén por contarnos cousas tan xeniais! 






Despois xuntámonos cos nenos e nenas de 3º e 4º para coñecer algunhas das mamoas que hai no Lago e facer xuntos algo moi especial... queredes velo? premede AQUÍ e iredes directos ao blog de Arnaldo onde nos contan todo! 

MERENDA DE PICNIC!

Esta semana fixo moita calor, e, os da clase de 4 anos, decidimos terminala facendo algo moi especial: un picnic no patio! 
Pasámolo xenial merendando á sombra das nosas marabillosas árbores... compartindo a merenda e moitas risas!! 
Por iso nos gusta tanto o noso patio con tanto verde! ;)


As nosas caras son o mellor resumo!










Mirade que manta tan floreada como a primavera!

E outra de cadros: picnic 100%!


Viva o bo tempo!

mércores, 27 de maio de 2015

PROXECTO BALEAS (16)

Xa fai tempo que vos contamos AQUÍ canto mide o bebé da balea azul cando nace, e vimos a súa medida cos plásticos que logo reciclamos. 
Pero organizando todo o que aprendemos, para explicalo ben na revista do cole, vimos a necesidade de buscar unha referencia coa que puidésemos explicarvos canto son 7 metros.
Ocorréusenos que podíamos facer una ringleira de cadeiras ata chegar aos 7 metros, para que vos fagades unha idea do grande que é un baleato de balea azul.



Precisamos 19 cadeiras para chegar aos 7 metros... incrible!

martes, 26 de maio de 2015

FELIZ ANIVERSARIO RUBÉN!!!

O pasado xoves día 21 estivo de aniversario o noso compañeiro Rubén que cumpriu 5 anos!!! Como ese día tivemos a saída ó Lago de Catiñeiras celebrámolo o día seguinte comendo unha riquísima tarta de chocolate e cantándolle o "cumpleaños feliz".
MOITAS FELICIDADES RUBÉN!!!
     
          

venres, 22 de maio de 2015

"GRISELA"... UN CONTO XENIAL!

Coñecedes a Grisela??? É a protagonista desta historia que limos na clase de 3 anos. Grisela é un ratonciña que se sente tan triste como a cor gris da súa pel. Pensou que cambiando a cor se sentirá mellor, e comeza a pintarse de diferentes cores. Pero foi pior porque cambiando o seu aspecto os demais animais burlabanse dela. Escapando dun problema meteuse na auga e por fin descubriu o bonito que era o gris da súa pel.


Despois de ler a historia falamos e traballamos sobre ela. Fixemos unhas Griselas para usar como títeres e contar a historia na casa. 


Mirade que chulas nos quedaron:


Escoitade o que contamos do conto... seguro que non resistides as ganas de ir á biblio a coller o conto e lelo!


Hai días que nos gustaría ser diferentes... pero a realidade é que o mellor é ser felices e aceptarnos como somos, cos nosos defectos e virtudes... porque todos somos únicos e maravillosos!

Non deixedes de ler "Grisela" que é unha historia sinxela cunha gran mensaxe: 
"a importancia de ser un mesmo".

xoves, 21 de maio de 2015

PROXECTO BALEAS (15)

Ademais de investigar e descubrir moitas cousas sobre as baleas, tamén estamos facendo traballos plásticos para decorar a exposición do mar que faremos no cole e para ter unha portada moi chula para os nosos traballos.

Mirade canto traballamos:




E este foi o resultado.... que orgullosos estamos do chulas que nos quedaron!!