xoves, 5 de marzo de 2015

OS BECHOS DE 3 ANOS

Unha das actividades que fixemos os de 3 anos no entroido foi ao redor dun conto cheo de cores: QUEN É ESE BECHO? un conto da editorial Kalandraka.

Se premedes na imaxe veredes un anaquiño do conto...
e quedaredes con ganas de mais!

Este conto percorre en cada páxina diferentes bechiños de cores e tamaños, formas e aparencias. Creatividade, xogo e humor nun libro para practicar a descrición, o recoñecemento e asimilar o fenómeno da diversidade.


Despois de lelo e xogar coas descripciones, puxémonos mans a obra para crear cada un o noso becho: único e especial. 


Aproveitamos para reciclar os tubos de papel aos que lle botamos moita imaxinación.



Queredes ver o resultado? así de divertidos quedaros os nosos bechos... todos son diferentes... coma nos! ;)



E despois, cunha gran portada do libro fixemos un photocall do mais divertido (grazas aos artistas... mil bicos!)



Mirade que guapos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario