venres, 13 de marzo de 2015

A MULLER E O MAR.

Poucos días despois da celebración do día da muller, recibimos unha visita no cole. O grupo de acción costeira achegouse ao cole para falarnos sobre a exposición que temos fai unhas semanas no cole: A MULLER E O MAR.


Primeiro vimos un vídeo sobre o traballo das mulleres no mar: mariscadoras, peixeiras, redeiras....


E tamén nos visitou unha mariscadora que nos falou do seu traballo no mar. 


Despois tivemos unha sesión moi especial sobre animais do mar... estade atentos que queremos contarvos todo o que aprendimos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario