xoves, 26 de febreiro de 2015

PROXECTO O NOSO CORPO (8)

Esta semana na clase estudiamos o "cerebro". Rubén e Sara trouxeron unha información moi interesente, Noelia unha caveira para colgar super chula e Óscar outra caveira na que puidemos ver onde está o cerebro. Despois de ver onde se localiza e para que serve chegamos á conclusión de que é moi importante xa que grazas a el pensamos e é o que manda no noso corpo así que coa súa axuda fixemos a seguinte ficha





24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de Febreiro celebramos no cole o día de Rosalía de Castro e con tal motivo os nenos e nenas de infantil acercámonos ata o centro de saúde e repartimos poemas e pegatinas desta grande poeta galega (e de paso nos deron caramelos...)


Ceip Seixo de Slidely by Slidely Slideshow

OS DE 5 ANOS RECITANDO A ROSALÍA

O día de Rosalía repartimos poemas para que todos os veciños do cole soupesen o que celebramos e puidesen ler poemas de Rosalía.

Os da clase de 5 tamén queremos encher a rede de poemas e compartimos con todos vos o que nos traballamos na clase e ilustramos para repartir.

Esperamos que vos guste!

mércores, 25 de febreiro de 2015

PROXECTO O NOSO CORPO (6)

Hoxe Lucía tróuxonos á aula un puzzle e uns xogos interactivos sobre o corpo e estivemos xogando con eles. Encantáronnos!!!





martes, 24 de febreiro de 2015

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o día de Rosalía e saímos a repartir poemas e adhesivos de Rosalía por Seixo, para que todo o mundo saiba o que celebramos hoxe, porque é un día importante para os galegos... e para que poidan ler poemas desta importante escritora da nosa lingua.

Estade atentos que xa vos ensinaremos e contaremos mais da saída. Cando volvimos ao cole, moi acelerados por escapar da chuvia ;) relaxámonos cunha canción moi especial que esperamos que vos guste!

luns, 23 de febreiro de 2015

mércores, 18 de febreiro de 2015

PROXECTO O NOSO CORPO (7)

Entre a informacion que truxemos da casa, había varías cousas relacionadas cos osos e o esqueleto:




E despois de ver tantas cousas somos un expertos no esqueleto jejeje e sabemos moitas curiosidades dos osos, como por exemplo que temos 206 osos cando somos adultos (si, si, de adultos, porque de pequenos aínda temos mais!!), cal é o mais pequeno, o mais grande...



Fixemos este puzzle cada un para repasar como é o esqueleto.


E tamén o fixemos en grande axudándonos uns aos outros.


domingo, 15 de febreiro de 2015

PROXECTO O NOSO CORPO (6)

Unha das partes mais importantes do noso corpo é o corazón...


E queremos que vexades un dos acrósticos que fixemos con partes do corpo, é moi divertido e gústanos moito facelos na clase.... cada mañá montamos un co nome do encargado e con diferentes temas. 


E non deixamos de traer información....

xoves, 12 de febreiro de 2015

PROXECTO BALEAS (6)

A primeira cousa que investigamos das baleas é como nacen, e trouxemos traballos chulísimos da casa...



E despois de revisar o que trouxemos da casa e a información dos libros... descubrimos que as baleas non son peixes, que son mamíferos!!!


E estivemos vendo as caraterísticas principais dos mamíferos... 

mércores, 11 de febreiro de 2015

O NOSO CORPO (5) - OS SENTIDOS


Dentro do proxecto do noso corpo, estamos traballando moito os 5 sentidos que nos axudan a coñecer o que nos rodea. 



Estamos aprendendo que os 5 sentidos nos axudan a coñecer e a disfrutar de todas as cousas: sabores, olores, texturas....



Ademais de investigar e xogar na clase, estivemos na pizarra máxica e nos ordenadores facendo algúns xogos. 
Aqui vos deixamos un de Pelayo e a súa pandilla que nos gustou un montón. Pinchade sobre a imaxé e pasade un bo rato aprendendo cousas dos sentidos. 


PROXECTO BALEAS (5)

A profe falounos de algo moi perigoso para as baleas e outros animais... pensamos que nos falaria dun terrible tiburón ou algo así... pero falounos das bolsas de plastico e do perigoso que resultan para animais que quedan atrapados, que as comen... e de tristes historias de baleas que morreron por culpa de plasticos tirados ao mar. 

Asi que falamos das 3 R: 
REDUCIR - RECICLAR - REUTILIZAR 
e do importante de facelo có plástico. Puxemos un cartel na porta para poder explicarllo a todos os compis e profes do cole. 


E cada un de nos fixo unha tarxeta para regalar con esta mensaxe:



martes, 10 de febreiro de 2015

PROXECTO BALEAS (4)

Un dos libros que trouxemos da biblioteca é das tres mellizas... e ademais de información moi interesante porque conta moitas cousas curiosas, ten un dvd.


Puidemos ver unha película sobre Moby Dick, unha das baleas mais famosas e coñecidas... que según parece era un cachalote porque tiña dentes.


E despois xogamos coas letras e fixemos un acróstico con BALEA... saíron un montón de palabras diferentes! 


O MECO MANDOUNOS TRAER HOXE GAFAS DE SOL

Estamos na semana de entroido e o cole énchese de cores e de alegría! 

O meco mándanos traer algo diferente cada día para pasar unha semana diferente.
Hoxe tocounos traer gafas de sol, ademais do sombreiro que xa trouxemos onte... e co sol que brillaba á hora do patio viñéronnos de marabilla!
Non nos puidemos resistir a facer unha sesión de fotos coas nosas gafas.













Verdade que estábamos mooooooi guapos??



O NOSO CORPO (4)

Os nenos e nenas da clase de 4 anos, aprendemos que o corpo se divide en tres partes: cabeza, tronco e extremidades...


Rubén fixo un traballo estupendo para repasar e practicar as 3 partes principais do corpo:


E nada mellor que unha canción para recordalo... gústanos moito porque cantámola lenta e despois rápida... aínda que as veces cada un leva unha velocidade jejeje

luns, 9 de febreiro de 2015

O NOSO CORPO (3)

Despois de traer libros e información sobre o corpo, pensamos as cousas concretas que queríamos investigar, así que a profe repartiu os temas para que investigásemos sobre o corazón, o cerebro, os pulmóns e os osos. 
E trouxemos mais información:





Con toda esta información seguimos traballando na clase e aprendendo moito... xa vos faremos un resumo de todo o que sabemos... parecemos médicos!! jejeje