xoves, 29 de xaneiro de 2015

PROXECTO BALEAS (3)

Na clase de 5 anos estamos xuntando material para o noso recuncho das baleas, que nos axude a resolver todas as preguntas que nos fixemos. 
Varios nos decatamos enseguida, dun sitio do cole no que atoparíamos moita información: A BIBLIOTECA.
Así que ala fomos, en busca de libros e todo tipo de material que atopásemos sobre as baleas. 
A profe explicounos que hai unha zona na que están todos os libros do mar para consultar información, e alí buscamos.



Revisamos moitos libros e fomos marcando as páxinas onde se fala das baleas para levalos á clase e traballar con eles. 









Atopamos libros moi interesantes... incluso atopamos un que se titulaba "Tiburones" no que un aseguraba ver unha balea: e era certo! falaba da "ballena tiburón"!!... estamos desexando saber mais sobre ela. 


Xuntamos un montón de libros que rexistramos no ordenador... porque non se poden levar os libros da biblio sen facer o empréstito e deixalos ben anotado por si alguén precisa algún deses libros que saiban que os temos na clase de 5 anos. 


E aproveitando que estábamos na biblio, rodeados de tantos libros que nos chamaban a atención... quedamos un ratiño mais vendo e escoitando contos... que ben o pasamos cos contos!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario