xoves, 29 de xaneiro de 2015

PROXECTO BALEAS (3)

Na clase de 5 anos estamos xuntando material para o noso recuncho das baleas, que nos axude a resolver todas as preguntas que nos fixemos. 
Varios nos decatamos enseguida, dun sitio do cole no que atoparíamos moita información: A BIBLIOTECA.
Así que ala fomos, en busca de libros e todo tipo de material que atopásemos sobre as baleas. 
A profe explicounos que hai unha zona na que están todos os libros do mar para consultar información, e alí buscamos.



Revisamos moitos libros e fomos marcando as páxinas onde se fala das baleas para levalos á clase e traballar con eles. 









Atopamos libros moi interesantes... incluso atopamos un que se titulaba "Tiburones" no que un aseguraba ver unha balea: e era certo! falaba da "ballena tiburón"!!... estamos desexando saber mais sobre ela. 


Xuntamos un montón de libros que rexistramos no ordenador... porque non se poden levar os libros da biblio sen facer o empréstito e deixalos ben anotado por si alguén precisa algún deses libros que saiban que os temos na clase de 5 anos. 


E aproveitando que estábamos na biblio, rodeados de tantos libros que nos chamaban a atención... quedamos un ratiño mais vendo e escoitando contos... que ben o pasamos cos contos!!!


PROXECTO BALEAS (2)

O noso recuncho das baleas vaise enchendo de información pouco a pouco.
Trouxemos da casa varios libros que falan de baleas, recopilamos información... xa temos moito material para investigar. 

Cada un ensinou e explicou o que descubriu sobre as baleas....





E tamén puidemos ver os libros que troxemos da casa e que falan de baleas, e noutros que son de moitos animais marcamos onde está a información das baleas...








PROXECTO BALEAS (1)

Os nenos e nenas da clase de 5 anos, estivemos pensando que pequeno proxecto podíamos facer dentro do gran proxecto do mar que todo o cole esta realizando este ano.

A todos nos chaman moito a atención os grandes habitantes do mar, así que vimos fotos e vídeos de algúns deles, e despois de facer unha votación, decidimos que a nosa investigación estaría dedicada ás BALEAS. 


O primeiro que fixemos foi falar sobre as cousas que sabemos sobre as baleas:


Vimos que hai moitas dúbidas e cousas nas que non estamos de acordo, así que pensamos unha lista de cousas que queremos investigar para saber con seguridade:


E tamén pensamos onde podíamos buscar información para averiguar todo isto.


Así que o primeiro que fixemos foi facer entre todos unha nota para pedir axuda ás familias e tamén a puxemos na porta de clase para que todos a vexan e poidan axudarnos.


Montamos un mural no que puxemos debuxos de baleas e pintamos unhas letras ben grandes... estamos desexalo enchelo de descubrimentos sobre as baleas!!


Temos listos os nosos carnés de investigadores para poder ter acceso a todos os sitios onde se poida buscar información e pedir axuda a todos!!

SAÍDA AO TEATRO

Onte saímos ao teatro a ver unha obra titulada: "Cuentos de titiritrapo" da compañía: "Nuevos Públicos Escénicos"

Dende que chegamos ao cole todos estivemos moi nerviosos e emocionados... desexando subir ao autobús que nos levaria de excursión...estábamos felices!



E por fin cheamos ao teatro, onde impacientes agardamos para entrar...






E con moita emoción ocupamos as nosas butacas 




E comezou a función na que nos contaron varios contos tradicionais de Perrault, Grimm e demais narradores clásicos. Eran contos de animais insospeitados.


Ademais escoitamos nos contos melodías compostas por algúns dos grandes mestres da música clásica como Bach, Mozart ou Brahms, grazas a un violinista.
  

Un músico e unha actriz deron vida a multitude de personaxes por medio da danza, o xesto, a palabra e o ritmo. Personaxes que erab animais reciclados dos materiais máis insospeitados: paraugas, pinzas, luvas, pratos, zapatillas...


Saimos do teatro felices coma perdices rumbo ao bus para voltar ao cole



mércores, 28 de xaneiro de 2015

FELICIDADES NOELIA

Onte celebramos o cumple de Noelia que xa ten 5 anos


Compartimos con ela unha merenda deleciosa e moi especial


Dous deliciosísimos biscoitos sen glutén... para chupar os dedos!!!


...soplamos al velas con ela!


E cantámoslle con moitas ganas... aínda que no vídeo estábamos desinflados e un pouco cansos da actividade anterior ... menos mal que os biscoitos nos deron moita enerxía!!

ACHÉGASE O ENTROIDO!!

Falta pouco para o entroido, e xa estamos traballando nos traxes que luciremos o día 13.
Seguindo coa temática do cole este curso: O MAR, todo o alumnado de Seixo irá disfrazado seguindo este tema.
Os da clase de 4 anos iremos de peixes. Comezamos a facer os traxes e pedimos axuda ás familias.
Queremos dar mil gracias a todas as mamis que viñeron porque nos axudaron un montón e pasamos unha tarde moi agradable. 
Aproveitamos para animar aos que non puideron, esperamos vervos a próxima vez que fagamos algún obradoiro xuntos.... e esperamos ver tamén algún papi! jeje