xoves, 3 de decembro de 2015

PROXECTO PORQUE CHOVE? (VII)

Como unha das partes fundamentais dos proxectos e de todo traballo de investigación é a procura de información, esta semana fomos á biblioteca do cole a buscar todos aqueles libros onde pudieramos atopar calquera tipo de información sobre a auga e isto foi o que atopamos:










luns, 30 de novembro de 2015

FELIZ ANIVERSARIO HUGO¡¡¡

O pasado venres tivemos de aniversario ao noso compañeiro Hugo que por fin cumpriu os 5 anos. Moitas felicidades amigo¡¡¡

mércores, 25 de novembro de 2015

POR QUE CHOVE? (VI)

Estes últimos días continuamos na clase traballando o tema do auga e agora tocounos investigar sobre como chega a auga ás nosas casas e para iso contamos coa axuda de Noelia e de Rubén que nolo explicaron de marabilla¡¡¡






E estas son algunhas das fichas que fixemos estes días:






luns, 16 de novembro de 2015

INAGURACIÓN PATIO DE INFANTIL


Despues de estar días e días mirando como construían o noso patio de infantil, o venres por fin puidemos utilizalo. Ademais dunha zona de xogo cos elementos que tiñamos no outro patio contamos cun tren grande que é super divertido. Tamén nos puxeron dous bancos e arranxáronnos a fuente e puxéronnos moita moita area!!!















 
 

venres, 13 de novembro de 2015

POR QUE CHOVE? (v)

Continuamos co noso proxecto sobre a auga e esta semana contamos coa axuda de Uxía que nos contou como a súa familia participou na construción, fai moitos anos, dun depósito de auga en Santomé grazas ao cal levaron a auga a todas as casas por medio das tuberías e de Eva que nos explico a formación dos charcos cando chove.
 
Tamén construímos entre todos un movil de pingas de auga que temos colgado adornando o noso recuncho de investigación.

xoves, 12 de novembro de 2015

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O pasado venres, malia a choiva que nos acompaño durante toda a mañá..., celebramos no cole a festa do magosto coa axuda dos papas e as mamás do AMPA. Aínda que non puidemos facer os xogos populares que tiñamos preparados pasámolo de marabilla comendo as riquisimas castañas todos xuntos!!!








mércores, 4 de novembro de 2015

PROXECTO POR QUE CHOVE? (IV)

Onte acabamos de traballar as características da auga e para elo axudáronnos Cloe (co seu interesantísimo libro de experimentos¡¡¡) e Sara e Claudia que nos volveron a recordar o ciclo da auga. Moitas grazas chicas¡¡¡¡



xoves, 29 de outubro de 2015

PHOTOCALL DE SAMAIN

Estos días traballamos duro coa profe para montar un photocall moi especial... e aqui tedes o resultado: unhas fotos terroríficas!!! jijiji