luns, 15 de decembro de 2014

FELICIDADES SARA

A semana pasada celebramos o cumple de Sara que xa ten 4 anos.



E ademais, pensando que este é o ano do mar no cole, mirade que pastel tan marítimo trouxo Sara para compartir con todos.... un peixe precioso e delicioso!!


Ademais tamén tiña uns cartuchos de chuches moi chulos personalizados para endulzarnos a todos e tamén as profes.... así que lle cantamos con moita enerxia!



Parabéns Sara... e que cumplas moitos mais!!!

mércores, 3 de decembro de 2014

3 DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe celebrouse un día especial que non quixemos deixar pasar de longo, e parámonos a pensar un pouco coa axuda de dous contos. Podedes velos se pinchades enriba das imaxes.



"Por cuatro esquinitas de nada" é un libro que trata sobre a diversidade, a amizade, a multiculturalidade, a diferenza e a exclusión, explicada de forma moi sinxela. Ademais, reflicte as diferenzas individuais, marcando que non todos somos iguais pero que, a pesar diso, hai que saber respectar esas diferenzas e tratar de adaptar todo o posible para diminuír esas dificultades.




"O cazo de Lorenzo" trata o tema da discapacidade e móstranos como día a día un neno ten que superar moitas dificultades... e todos  os nenos e nenas de Seixo tivemos claro nos gustaría que axudar a Lorenzo e darlle cariño para que se sentise a gusto!!!


Estes contos fixéronnos pensar o importante que é destruír as barreiras que nos diferencian e nos separan, e que a pesar das nosas diferenzas, todos somos iguais e hai que respectar tanto aos demais coma a nós mesmos. Falamos da importancia de adaptar as situacións, lugares ou contextos en función das necesidades de cada persoa. Pensamos como se poden sentir os nenos que son diferentes ao resto e como os pequenos detalles poden ser importantes para facilitar e conseguir a inclusión de todas as persoas.

Papis e mamis... sabemos que as veces é dificil falar dalgunhas cousas con nos... aínda que entendemos mais do que as veces parece!! pero por si algún día queredes falar deste tema... aquí tedes algunas pistas (pinchade na imaxe para ver todo o libro)



luns, 1 de decembro de 2014

O NOSO CORPO (1)


O outro día, ao chegar á aula pola mañá, levamos unha grata sorpresa. Na nosa clase atopamos un esqueleto!!!







Comezamos a falar sobre o que sabemos dos esqueletos... mirade todo o que dixemos (literalmente): 

- "El esqueleto es una cosa que tiene huesos."
- "Los esqueletos viven en cuevas o en tumbas."
- "El esqueleto es la parte mas importante de todo el mundo del cuerpo humano, que se lo escuché a mi hermano."
- "El esqueleto es importante porque tiene cráneo" 
- "El esqueleto está en una canción."
- "En halloween se mueve de metirijilla."
- "Los esqueletos solo viven un día."
- "Cuando los hombres mueren dejan el esqueleto."
- "Los esqueletos están debajo de la tierra."
- "El esqueleto está dentro de nosotros."
- "El esqueleto está dentro del cuerpo, pero primero están la carne y la sangre".
- "A los esqueletos les ponemos flores porque se mueren."
- "Los esqueletos tienen unos tubos, que si va la comida por uno que no es correcto te mueres."
- "...y otros tubos que respiras aire y si tragas por ahí te atragantas."
- "El esqueleto está dentro para que podamos andar."
- "El esqueleto nos ayuda a movernos porque tiene huesos."
- "El esqueleto significa que puedes mover la mano."
- "El esqueleto tiene rodillas, cadera, cráneo y... codillos!!"

Non todos estábamos de acordo con todo, e comezaron a xurdir dúbidas e inquedanzas que queremos resolver; por iso queremos embarcarnos nun novo proxecto que traballaremos cos nenos e nenas da clase de 4 anos: O NOSO CORPO



Converterémonos de novo en detectives, crearemos o recuncho do corpo humano e o encherémolo de información.... sen dúbida será unha investigación divertida.



No noso blog iremos contando todo o que vaiamos descubrindo e compartindo o mais divertido e interesante desta investigación.
Estades invitados a seguirnos e a comentar como ides vendo a marcha do proxecto.