sábado, 29 de novembro de 2014

PROXECTO GRILOS (13): VISITA DA MOSCA CHOSCA AOS NENOS E NENAS DE INFANTIL

Como sabedes, na clase de 4 anos estivemos aprendendo moitas cousas sobre os grilos... e tiñamos pendiente contarvos unha visita moi especial que tivemos na clase.
Cando empezamos o proxecto, aprendemos que os grilos son insectos



E estivemos aprendendo cousas sobre os insectos...




As profes, para facelo mais divertido, compartiron con nos un conto cheo de insectos e outros animais: A CASA DA MOSCA CHOSCA 



A mosca Chosca está xa cansa de dar voltas polo mundo así que decide construír a súa propia casa... e quédalle tan bonita que decide facer unha festa de inauguración. Prepara un delicioso pastel de amoras e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar. Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ata que non queda sitio na mesa pero entón... bueno mellor non vos contamos o final que é inesperado e divertido.... descubrideo vos mesmos! 



Ademais de contar o conto, que nos encantou, todos fixemos un debuxo da mosca chosca, e escribimos o seu nome despois de practicar no encerado para escribilo moi ben, e de paso repasamos os nomes dos compis que comezan por M e fixemos unha lista de cousas que comezan por esa letra.



E un día, recibimos unha visita moi pero que moi especial... A MOSCA CHOSCA ESTIVO EN SEIXO!!! si, si, non estamos tolos!! Pasou a vositarnos para falar dos insectos, contar o conto e facer moitos xogos. O primeiro foron as presentacións.... aquí tedes á Mosca con todos os nenos e nenas de infantil, porque foi voando por todas as aulas...



Coa axuda da mosca, repasamos a historia, tamén coa axuda duns debuxos dos personaxes do conto que usamos como títeres, e aproveitamos para facer un monton de xogos.



Por exemplo xogamos cos números. Foi xenial para traballar os ordinais, porque ordenamos os animais segundo ían chegando, traballamos operacións matemáticas e fixemos xogos de cálculo mental (cantas cadeiras quedan libres? cantos animais máis poderán sentarse?) e tamén traballamos cos cardinais, porque cada vez que chegaba un animal, se recontaban os que chegaron máis a anfitriona.





Dende un cole de Aguiño a profe Tere comparte este lim do conto A Casa da Mosca Chosca co que estivemos xogando na clase, o cal vos enlazamos aquí por si queredes xogar co conto na casa. Premede na imaxe para ir directos ao xogo.



Gracias á mosca por visitarnos e xogar tanto con todos nos: nunca te esqueceremos!!



E como os de 4 pasámolo ta Mosca Chosca, pedímoslle que pasase por todas as clases a contar o conto e a xogar cos compañeiros...



Os de 3 escoitaron atentos a historia e xogaron co conto...





Tanto eles como os compis de 5 anos coñeceron a Mosca e pasárono fenomenal!!



Mirade que debuxos tan chulos lle fixeron os nenos e nenas das clases de 3 e 5 anos....


E a Mosca despediuse cun gran debuxo dela cos seus convidados para que pintemos entre todos....


Todos os nenos e nenas de infantil pintamos un pouquiño de este debuxo xigante....



E así de chulo nos quedou...




mércores, 26 de novembro de 2014

FELICIDADES HUGO

Hoxe celebramos o cumple de Hugo que xa ten 4 anos. 


A merenda foi especial porque a endulzamos cun rico pastel... grazas Hugo!!
Xa vedes que hoxe había un comensal mais na mesa jijiji... xa vos contaremos!!


E para que Hugo leve un bo recordo desde día no cole, ademais dun libro cheo de obras de arte, agasallámolo cantandolle a pleno pulmón!!

PROXECTO GRILOS (12)

Despois dunhas semanas investigando e aprendendo cousas sobre os grilos, estamos a puntiño de rematar o noso proxecto. 


Estamos repasando todo o aprendido sobre estes divertidos insectos...


Para que vexades todo o que aprendemos, e que tamén pidades aprender algo, estamos preparando un vídeo final no que vos contaremos un montón de información e curiosidades sobre os grilos... estade atentos ao blog porque seguro que vos vai encantar!!

martes, 25 de novembro de 2014

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA

Hoxe celebrouse internacionalmente o día contra a violencia de xénero, e os nenos e nenas de Seixo unímonos para gritar: NON Á VIOLENCIA. 


Fai uns días, dende o concello de Marín, trouxeron un conto para todo o alumnado do cole.


Escoitamos a historia de Miguel... de como sempre estaba triste... dun home escuro que gritaba moito con él... falamos do importante de falar as cousas e non usar a violencia.


Así que tamén nos apuntamos a levantar as nosas mans contra a violencia.


Píntamolas de violeta, que é a cor conmemorativa de este día....


Os de 4 estampámolas nunha cartolina que logo recortamos para levar a casa....




Todos os de 4 estamos unidos contra a violencia!!!


E os de 5 fixemos un pequeno mural para non esquecer este día.




E nel estampamos as nosas mans....







Todos levantamos as nosas mans...



Queredes velas polo outro lado? escribimos palabras que nos axuden a non usar a violencia...



E gritamos moi forte a mensaxe que todos queremos levar hoxe para as nosas casas.....

luns, 24 de novembro de 2014

O OUTONO NA CLASE DE 4 ANOS

Aos nenos da clase de 4 gustounos moito ver as fotos dos compis de 5 anos xogando coas follas (queredes velas? pinchade AQUI).
Gustáronnos tanto que nos tamén queríamos recoller follas no patio e facer fotos lanzándoas polo aire... así que aproveitamos un día de sol para xogar con elas... viva o outono!!!







E aquí tendes os nosos vídeos lanzando follas... que ben o pasamos... viva o outono!!


GRAZAS PROFE MILA

A semana pasada tivemos unha visita de luxo: a profe Mila veunos visitar!! 

Tiñamos moitas ganas de vela e de contarlle un montón de cousas, porque a botamos moito de menos.

E como xa nos contaran que viría visitarnos, preparamos un agasallo especial para ela, porque non queremos que nunca se esqueza de nos.

Mirade que chulo nos quedou:

Ela levou unha gran sorpresa e quedou moi contenta co noso agasallo... por iso nos deu un súper abrazo xigante a todos xuntos: 



Profe Mila: volve pronto, porque todos, incluídas a profes, botámoste de menos!!

xoves, 20 de novembro de 2014

DECORANDO O COLE

O cole estase convertendo nun gran mar... xa veredes que chulo o estamos deixando entre todos os nenos e nenas do cole coa axuda dos profes.

Na clase de 5, sen esquecer que estamos en outono, estamos facendo a nosa apartación... traballamos moito!!








En Seixo temos moito arteeeee!!!