xoves, 30 de outubro de 2014

O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O venres 24, celebramos no cole o día das bibliotecas e fixemos actividades especiais con todo o alumnado do cole.
Xa que este ano o tema central do cole é o mar, centramos as actividades en torno a este tema.


Os de infantil estivemos cos compis de primeiro e segundo, mentres os de terceiro, cuarto, quinto e sexto facían outras actividades simultaneamente. 

Comezamos facendo unha actividade artística para decorar o cole con motivos relacionados co mar. 



Este foi o resultado do traballo:



Os peixiños que fixemos os da clase de 4 anos
Os peixiños que fixemos os da clase de 5 anos
Os peixiños que fixemos os da clase de 3 anos

Despois subimos á biblioteca (que estaba moi chula, gracias ao equipo da biblio que a ambientou moi mariñeira) a compartir, cos compañeiros e compañeiras de primeiro ciclo: contos, poemas, adiviñas, refráns... todo relacionado có mar. 


Os de 4 anos recitamos un poema: AS CORES DO MAR, que nos mesmos ilustramos...



Tivemos pouquiño tempo para preparalo, pero estamos moi contentos co resultado. Queredes velo?




Os de 5 anos recitamos de memoria unhas adiviñas, e fixemos uns divertidos cadros coas solucións. Fixémolo de maravilla!!
Atrevédesvos a resolver as adiviñas? Pensade un pouco antes de ver as solucións, eh?

Primeira adiviña:
Soy chiquitito,
puedo nadar,
vivo en los ríos
y en alta mar.



Solución: PEIXE
Segunda adiviña:
Tengo el nombre de una niña, 
vivo en el fondo del mar, 
y si vas a la playa 
tú me puedes encontrar.



Solución: CONCHA

Última adiviña:

Dos pinzas tengo,
hacia atrás camino,
de mar o de río
en el agua vivo.


Solución: CANGREXO

Pasámolo fenomenal con esta actividade tan mariñeira rodeados de libros!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario